Estaca de Bares

Estaca de Bares, o punto máis setentrional da Península Ibérica, é considerado tamén o punto donde o océano Atlántico dá paso ao mar Cantábrico. Está 400km.máis ao norte ca New York, pero pola corriente cálida do Golfo, o clima é totalmente diferente. O faro de Estaca de Bares foi construido no ano 1850 e estaba servido por tres torreiros. Situado sobre un pequeno outeiro que se prolonga na chamada punta de Estaca de Bares parece o gardián dela. Con bo tempo é posible chegar ata a punda por un sendeiro que baixa dende o faro, e se temos sorte poderemos estar acompañados por un rabaño de cabras que comen a herba que aquí medra nesta e os mastíns que as gardan.
A paisaxe é impresionante e resulta estremecedor imaxinala con temporal; o pasado novembro, coa borrasca Domingos, a boia de Estaca de Bares mediu unha onda de case 14m de altura, a maior rexistrada ata o de agora en España. A forza do mar batendo contra os cantís nun día tranquilo coma o de hoxe dá unha idea de coma pode ser con temporal!
Mañón tamén é un paraíso!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar