O Mourón

O illote do Mourón limita a enseada de Ares que dende a Punta do Castelo ata O Mourón forma ese arco perfecto de case 3Km de lonxitude con praias e calas de gran beleza. Este illote, remate da Punta Mourón, ten un pequeno itsmo que con marea baixa permite acceder a el.
Nesta punta está o castro de Punta Mourón do s.II a.C. cuberto de maleza e dun pequeno bosque. A península na que se asenta aparece defendida polos cantís de máis de 20m de altura e no itsmo por unha segunda defensa. O nome do Mourón, pode ter relación co Mouro, ese ser da mitoloxía galega que habitou os monumentos antigos, ocultando neles as súas riquezas. Moi preto do Mourón, na Punta de Agra, según a lenda estaba a cova do tesouro. Mitos e lendas en Galicia son moi abundantes.
Na mesma enseada estaba o castro do Alto da Pena, no que tamén houbo séculos despois un muiño de vento, ambos desaparecidos. No concello de Ares, houbo moitos castros, algúns desaparecidos e outros esquecidos que indican que foi unha terra moi habitada dende antigo. Ademais dos mencionados podemos engadir o de Sta. Mariña, o do Piñeiro, o de Lubre, o de Punta Segaño, ou a Roda do Castro tamén en Caamouco. Observalo dende o mar ou achegarnos dende a praia cando está a marea baixa, ou pola estrada de Curro sempre é unha boa idea; o illote do Mourón parece que espera.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar