Torre de Silán

Hai uns días, polas terras de Viveiró, no concello de Muras, atopamos esta casa na parroquia de Silán. Varios detalles indicaban a súa antigüidade e paramos ao seu carón para observala e facerlle unhas fotos. Despois de buscar información na rede , resulta que é o que queda da torre de Silán, datada entre finais do XIII- principios do XIV. Perdeu a súa forma primitiva e foi adaptada coma casa de labranza conservádose só a parte inferior da torre á que lle engadiron un anexo. O escudo que está na casa lindeira, estaría anteriormente na torre, xa que era máis alta (posiblemente dúas plantas máis). Pertencía a Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela e casada con Rui Díaz de Andrade. Nesta parroquia xa nos chamara a atención noutra ocasión a igrexa, o cruceiro e o cemiterio que están arredor dela e unha fermosa casa trala igrexa, nunha ubicación moi fermosa. Noutro país europeo, este edificio e o seu entorno estarían noutra situación ben distinta. Moito nos queda por mellorar.
Temos tesouros que non sabemos apreciar e coidar. Mágoa!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar