Castiñeiros

A arquitectura popular é unha das miñas debilidades e a súa integración no entorno penso que é primordial. Canta beleza pode gañar unha costrución moi sinxela co aporte dun entorno natural acorde con ela. Esta fermosura de casa non sería o mesmo sen ese magnífico castiñeiro que a acompaña e protexe. Nas aldeas galegas, rara era a casa que non tiña na horta algún castiñeiro para surtir á familia de castañas, ou rara era a casa na que non había mobles desta madeira.
Na nosa comunidade temos exemplares ben antigos destas árbores e as súas cañotas dan fé da importancia que tiñan para nós e da protección que lles debemos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso