Ruta do río Cuberto

Entre as moitas rutas que podemos facer no río Belelle, esta do concello da Capela é unha das máis sinxelas. Na web do concello están moi ben descritas e temos toda a información precisa. Saímos do adro da igrexa barroca de Sta. Mª de Cabalar.
Ao longo dos 4km. a ruta discorre a carón do río polo medio dunha fraga que co paso das estacións irá cambiando.
Nunha pequena ponte de madeira cruzamos o río e chegamos ao lugar onde este desaparece baixo grandes bloques graníticos, dando lugar ao nome da ruta: río cuberto.
Poucos metros máis abaixo volve a aparecer chegando a área recreativa de Formariz.
A ruta é circular, pero a nós gústanos voltar polo mesmo camiño. Estupenda ruta para calquera estación do ano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro