Despedindo o inverno no Belelle

Esta pequena camiñata a carón do Belelle, dende Cabalar ata Formariz (dentro do concello da Capela), facémola con certa frecuencia. Está dentro da GR55, que é un dos largos recorridos que vai dende Betanzos ata S. André de Teixido. Coñecida tamén coma o Camiño do Medievo ou Ruta dos Castelos e Mosteiros, nos seus case 100km. recorre lugares ben interesantes do interior da provincia da Coruña.
O bosque en inverno mostra as pegadas dos temporais e das medras do caudal do río: árbores caídas, ramallada arrastrada pola corriente, arbustos deitados,...As árbores caducifolias aínda sin follas, somentes os acivros, loureiros e algúns máis teñen follas. Á beira do camiño moitos diminutos narcisos silvestres poñen notas de cor entre a herba e o musgo.
O silencio do bosque é interrumpido nalgúns lugares pola corriente do río, polo batido de ás ou o graznido dalgunha ave, por algún refacho de vento e pouco máis.
E así chegamos ao tramo do río cuberto, onde o río se esconde baixo as moles de rochas para volver aparecer unhas ducias de metros máis abaixo, cerca xa da área recreativa de Formariz.
Coñeces unha mellor maneira de escapar da rutina ca entrar en contacto coa Natureza? Na nosa terra sentirás que estás en lugares cheos de maxia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro