Sociedade de Instrución e Recreo A Devesana

Nos Devesos, na aba da serra da Faladoira, pertencente ao concello de Ortigueira atopamos A Devesana, escola indiana, inaugurada no 1912 coma escola laica por desexo expreso dos fundadores ( veciños emigrantes en Cuba) para facilitar o ensino na parroquia. Os indianos de Ortigueira chegaron a fundar once escolas no concello . A Devesana tivo un sistema de ensino moderno que provocou denuncias por parte do párroco da igrexa situada en fronte e das autoridades municipais, sendo pechada polo Goberno Civil nos anos 20, na Ditadura de Primo de Rivera. Abre de novo as súas portas no 1931 coa chegada da II República. No 1936 foi clausurada e ocupada polas autoridades golpistas, que usaron o edificio coma cuartel militar primeiro e despois coma cuartel da garda civil. Na planta baixa estaba a vivenda do mestre e unha sala de xuntas; na superior unha aula ben grande, unha biblioteca e o cuarto de material. No exterior, o xardín, o horto experimental e os retretes. Na actualidade é o centro social da parroquia.
Triste historia a desta escola que tivo unha vida tan curta! En fronte está a igrexa de S. Sebastián dos Devesos, un templo antigo de planta de cruz latina cun pórtico lateral moi grande.
! O entorno é unha fermosura, pero algunhas pinceladas lémbrannos o abandono do rural e o esmorecemento de tantas aldeas e parroquias.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro