Pico da Ferreira

O Pico da Ferreira ou de S. Vicente está na parroquia de Ferreira en San Sadurniño. No medio do val do río Grande de Xubia e cunha altura de 355m é un excepcional miradoiro natural que nos permite ver unha panorámica de 360º do val do Xubia, dende Pedroso ata Moeche.
No cume atópanse uns penedos nos que hai un sartego antropomórfico escavado na rocha e mais unha cazoleta, cunha posible orixe altomedieval vencellado á existencia dun templo, hoxe desaparecido, e do que no 1125 sábese que foi doado polo señor feudal Pedro Froilaz ao mosteiro de Xubia. Este templo estaría erixido, coma é costume, nun lugar de culto pre-cristián do que se conservaron costumes e ritos ata hai ben pouco. Según conta a lenda, a veciñanza cansa de subir ata a capela de S. Vicente no curuto decidiu levar o santo para a igrexa de S. Paio no val, pero polas noites o santo subía ao pico para durmir na súa "camiña de pedra". Para rematar con estas escapadiñas do santo, decidiron prendelo. Non sei se aínda permanece así ou se xa lle deron a liberdade. País de lendas!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar