Garita de Bares

Dende finais da Idade Media, a costa galega empezou a levantar estruturas de vixía e alerta para a defensa dos ataques por mar. Un dos nomes que reciben estas estruturas é fachos, polas fogueiras que prendían os vixías cando divisaban ao inimigo. Esta Garita de Bares ou Garita do Facho de Maeda, sobre a ría do Barqueiro no concello de Mañón, xunto á Garita de Punta Herbeira en Cedeira e a Garita de Espasante, formaban parte deste sistema defensivo da costa galega. Conserva en perfecto estado unha das dúas estancias que tiña e na actualidade trocou a súa función pola de miradoiro espectacular sobre a península de Bares. Está situada esta garita case ao remate do Camiño dos Arrieiros ou Camiño Vello, esa vía ancestral chea de túmulos prehistóricos, asentamentos da Idade do Ferro, época romana, tardo romana e medieval, que vén dende As Pontes ata Estaca de Bares sobre os montes da Serra Faladoira. A ría do Barqueiro formada pola desembocadura do río Sor, polos restos arqueolóxicos atopados nela, sábese que as súas ribeiras estiveron poboadas dende a antigüidade. A península de Bares ten un porto que debeu estar en uso dende a época galaicorromana. Paraísos sorprendentes!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar