Dende o parque do Petelo

Neste febreiro de tempo primaveral apetecen as camiñatas. Este paseo,(non por repetido perde atractivo) dende o parque do Petelo ata a praia de A Barrosa, sempre é unha boa elección.
Na andaina imos asomándonos a todos eses múltiples recunchos que ten a costa de Ares, dende os que podemos observar a enseada, a vila, os cantís, un barquiño que sae faenar, veleiros na ría, o mar bañando as ribeiras, as aves mariñas, ...
No percorrido veremos as calas da Cruz, Centeás, Estacas, O Colado, as illas Mirandas...
Esta cala do Colado sempre me fai pensar nunha escaleira de madeira coma a das outras calas. Poder baixar ata ela encantaríame! Agora confórmome con ollala dende o cantil e marabillarme co entorno.
Pouco máis adiante, ao contemplar a cala de A Barrosa sentimos que esta costa da península de Bezoucos é coma o mascarón de proa dunha magnífica nave que zarpa do Golfo Ártabro cara ao Atlántico. O paraíso está en Ares!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar