De S. Roque a S. Roque

Unha parte moi importante do patrimonio de arquitectura relixosa da nosa terra está constituido polos centos de ermidas e capelas que podemos atopar espalladas polas catro provincias. No recuncho máis inesperado, atopamos unha pequena xoia e arredor dela posiblemente algunha lenda que forma parte desoutro tesouro inmaterial da nosa cultura. As capelas adicadas a S. Roque son moi abundantes e de dúas delas trata esta entrada: S. Roque de Cedeira e S. Roque do Val nas Pontes.
A ermida de S. Roque de Cedeira está na parroquia de Regoa, no cruce do Camiño Real coa vía que unía Porto Cabo con S. André de Teixido, a 350m de altura no lugar O Toxo. Fundada por Simón de Aneiros no XVII según consta na inscrición, é sinxela pero, o seu entorno coa fonte, as árbores, o rego de auga, etc. revalorízaa.
S. Roque do Val, na parroquia pontesa de Goente, estaba no val de Seoane, na aldea desaparecida hai anos pola explotación da mina de lignito de Endesa, convertido en escombreira e actualmente recuperada con plantacións de árbores e vexetación baixa. Foi reconstruida neste lugar das Congostras no 1982. O cruceiro é o único con peto de ánimas no concello das Pontes. O seu entorno tamén convida a deterse e disfrutar destas mostras da arquitectura relixosa, mudos testigos de romerías das aldeas e vilas do país. Recunchos para descubrir!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar