Pola Xunqueira e Pedrós

En Ares temos marcadas unhas rutas polo concello ben fermosas, con vistas espectaculares da ría, que nos permiten disfrutar da costa, coas súas calas, ribeiras, cantís, baterías costeiras, etc. Delas xa hai varias entradas no blog. Hoxe quero mostrar esta pequena ruta (O Alto da Pena- Camiño das Balsas-A Xunqueira-Pedrós), que aínda que non é ruta oficial, é unha camiñata con moitos atractivos. Na Xunqueira, por exemplo, ao recorrela podemos disfrutar observando a flora e a fauna.
Ao chegar ás instalacións deportivas de Pedrós deixamos a beirarrúa e seguimos polo camiño arriba ata Pedrós. Este camiño tamén nos ofrece outras posibilidades: seguir ata o Alto de Simou, coller unha desviación a Besoxo,... Dependerá do longa que queiramos facer a camiñata.
Paraísos de Ares.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle