Praia de Outeiro- Lago
A praia de Outeiro, na parroquia de Lago en Valdoviño, é unha parte do enorme areal da praia da Frouxeira. Esta, é unha praia de máis de 3km. que vai dende a Praia Pequena ata o faro da Frouxeira. Xunto coa lagoa é un espazo natural que pertence á Rede Natura 2000.
Magnífica para dar un vigorizante paseo polo areal, a lagoa, ou polas dunas; practicar surf, bodyboard, etc.; sentarse a contemplar o océano coa súa forte oleaxe e notar o vento no corpo;...
Calquera opción é boa. Paraísos moi preto!
Comentarios
Publicar un comentario