Fervenza de Torez
No pais dos mil ríos, tamén podemos falar das mil fervenzas. A fervenza de Torez está no concello do Valadouro en Lugo.
Hai unha ruta longa dende o lugar de Ferreira do Valadouro ata Santo Tomé de Recaré do Valadouro e dende alí ata a fervenza.
Tamén podemos chegar co coche máis preto e facer o tramo final camiñando.
A fervenza, duns 20m. de caída, está no rego do Penido Novo e resulta impactante xa que parece que esteamos no medio dunha selva tropical. Totalmente recomendable a visita.
Paraísos por descubrir!
Comentarios
Publicar un comentario