Dende O Segaño ata A Palma

Estupenda camiñata de pouco máis de 6Km (ida e volta) entre os concello de Ares e Mugardos. Saíndo da batería costeira de Punta Segaño o camiño permite observar a entrada da ría de Ferrol e as baterías, fortes e castelos que formaban parte do sistema defensivo da mesma. O camiño, case sen desniveis, é moi cómodo para todas as edades e moi frecuentado por ciclistas, corredores ou camiñantes. Á esquerda, o mar e as ribeiriñas que descobre a marea baixa , e á dereita a aba de Montefaro que semella un muro protector desta fermosura de paisaxe.
Ao chegar a esta pequena área de descanso (actualmente bastante descoidada) sabemos que deixamos o concello de Ares e entramos no de Mugardos.
Pouco despois chegamos ao lugar onde estaba o castelo de S. Martiño, dende o cal se tendía unha forte cadea ata o castelo de S. Felipe, na outra banda da ría, para evitar a entrada de naves enimigas. Hoxe so quedan unhas ruinas.
Os Castelos de S. Felipe e da Palma ao fondo, as grandes fortalezas defensivas desta ría, mostran unha actualidade ben diferente; o da Palma en estado de abandono e o de S. Felipe con rehabilitacións e usos polo concello de Ferrol.
Toca iniciar a volta. Reflexionamos sobre todas as edificacións militares, en estado de abandono e ruinoso, que hai no noso concello de Ares. Cantos usos se lles podería dar!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro