Montefaro- Segaño
A batería de Montefaro foi construída no XVIII como batería costeira para defensa da entrada da ría de Ferrol e, posteriormente, modificada como batería antiaérea.
Composta por varios bunkers, garitas, túneles e outras dependencias; ao recorrelos sempre pensamos na posibilidade de darlle uso a todas esas contrucións abandonadas.
As vistas das rías de Ares e Ferrol son magníficas e con días de boa visibilidade podemos ver ata as illas Sisargas.
A baixada ata o Segaño hai que facela con coidado xa que o camiño ten moitas pedras e regos dos arrastres da auga.
No Segaño atopamos as baterías de Punta Segaño e Salgueiras, tamén iniciadas no XVIII e que estiveron en uso ata ben entrado o XX. Aquí, si a maleza o permite podermos recorrer, con precaución, os túneles, foxo, etc.
Seguimos ata a praia de Chanteiro e subimos de novo a Montefaro polo camiño da Casa dos Enxeñeiros a carón do cruceiro de Chanteiro.
Comentarios
Publicar un comentario