Arboreto de San Sadurniño

O Arboreto galego da Cortiña é un xardín botánico adicado á protección e cultivo das árbores autóctonas. Iniciouse a finais do 2009 co obxectivo de reproducir as sete formacións boscosas máis representativas de Galicia: o souto, a carballeira, a fraga,o bosque de ribeira, o sobreiral, o faial,...
Está a carón do paseo fluvial do río Xubia, o pazo da Condesa, o apiario e a horta das árbores froiteiras.
Conta tamén cun parque infantil encantado, formado por un feixe de figuras de madeira que fan as delicias da cativería.
Unha fantástica aula da Natureza para aprender e disfrutar. Tesouros que debemos admirar e conservar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle