S. Vitorio de Cambás

A pequena ermida de S. Vitorio de Cambás, na Serra da Loba en Aranga, nos límites con Monfero, está erixida nunha necrópole megalítca posiblemente para cristianizar un lugar de culto pre-cristián no castro e as mámoas que hai nos arredores.
De pequenas dimensións, forma rectangular, ten un pequeno espazo cuberto na parte frontal. A uns metros, sobre unha rocha, está o cruceiro apoiado nunha plataforma de tres bancadas, coas figuras de Cristo e a Virxe. Parece ser que no 1560 foron erixidos ambos por algunha persoa devota do santo.
Nas proximidades, sobre un gran afloramento rochoso, está a pena coa pegada do Pé de Rolán e o seu cabalo. Rolán, según a lenda, sobriño e cabaleiro de Carlomagno, aparece nun amplo corpus lendario, en varias ducias de lugares de Galicia e de España.
Non moi lonxe, en Guitiriz, hai outras penas con lendas relacionadas con este heroe mitolóxico, que no imaxinario era un xigante. Lendas no paraíso!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro