Sta. Comba
Na parroquia de S. Martiño de Covas, en Ferrol, atopamos esta ermida de S. Comba, que só podemos visitar con marea baixa. Localizada na Insua da Santa ou do Medio, xa os romanos construíron nela un templo, máis tarde cristianizado. A primeira referencia documentada é do s.XII. É unha sinxela ermida románica de planta rectangular , dunha soa nave e espadaña simple. No interior hai un arco mudéxar, testigo da súa antigüidade. Arredor dela hai moitas fermosas lendas. Unha conta que a santa, acompañada do seu fillo S. Silvestre,chega por mar ata aquí, nunha barca de pedra. Curiosa a frecuencia das barcas de pedra nas lendas galegas!
A praia de Sta. Comba, a carón do illote, é un areal de fina area branca e magnetita en forma de gravilla negra, ventosa e de forte ondaxe, moi frecuentada polos amantes do surf.
Dende aquí hai unhas magníficas vistas dos aguillóns chamados Os Cabalos na punta do cabo Prior, e no outro lado, a praia de Ponzos,etc.
Paraísos de Ferrolterra!
Comentarios
Publicar un comentario