O Freixo

San Xoán do Freixo é unha parroquia do norte do concello das Pontes, a parroquia máis extensa do obispado Mondoñedo-Ferrol, pero moi despoboada na actualidade, con pouco máis de medio cento de habitantes, cando a comezos do século XX tiña cerca do milleiro. É unha parroquia de montaña, co monte Caxado marcando a máxima altura, situada entre os ríos Mera e Sor e atravesada por moitos regos que desembocan nestes ríos.
A igrexa parroquial de S. Xoán, que chama a atención polo seu tamaño, foi fundada polos condes de Montenegro no s. XVII. O Campanario forma parte do pórtico que enmarca a porta principal.
Frente a igrexa hai un fermoso cruceiro e, a poucos metros, outro máis antigo.
Nun muro exterior hai un osario do 1868 cunha inscrición ilexible. Preto da igrexa está o cemiterio vello e a antiga escola fundada no 1928 polos veciños emigrados a Cuba. Pouco máis de media ducia de casas rodean este núcleo no que hai anos celebrábase unha feira mensual e no que na actualidade se celebra anualmente a festa do Freixó.
No 2018 descubrimos de casualidade este lugar, e agora ao voltar observamos máis deterioro. Mágoa!
(As fotografías, mesturadas as do 2018 coas de agora, mostran poucos cambios no estado de abandono.)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

Praia de Chanteiro

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

O mar de Loiba

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle