Muras: montañas e vales
A paisaxe que atopamos neste concello de Lugo recorda moito ás montañas de Escocia ou de Escandinavia: montes redondeados con grandes superficies de turbeiras ou de uceiras, gando do monte vivindo en liberdade e fermosos vales onde se asentan pequenos rueiros semiabandonados.
Estes montes expostos á xistra( chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido) están cubertos de neve ou de néboa moitos días do ano.
Muras é a terra dos tres ríos: Eume, Sor e Landro que nacen nestas serras e reciben as augas doutros múltiples ríos máis pequenos e regos que baixan dos cumes ata os vales.
Otear o horizonte dende estas paraxes é todo un espectáculo que nunca deixa de sorprender e emocionar.
Comentarios
Publicar un comentario