Praia do Río

No concello de Valdoviño a costa de Meirás está chea de calas ou pequenas praias de area moi fina e de forte ondada, nas que o Atlántico bate e forma recunchos espectaculares.
A praia do Río é a máis grande de Meirás e está atravesada polo río S. Vicente que despois de cruzar a pequena xunqueira, busca o mar. Nos días solleiros de inverno, pasear por ela é un pracer. A praia solitaria, o río medrado correndo ao encontro do océano, as ondas batendo forte na costa, o arrecendo do mar e dos piñeiros, un cormorán secándose ao sol,... A felicidade está nas pequenas cousas!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle