Monte Ancos
Polos historiadores romanos sabemos que estes chegaron a Galicia uns 150 anos a.C., e que, pouco a pouco, foron invadindo todo o territorio aínda que a cultura castrexa durou ata os séculos III- IV d.C.. Estes historiadores romanos describen a nosa costa coma unhas terras surcadas por varios ríos e habitadas polos ártabros. Estrabón fala do "Portus Magnus Artabrorum". O xeógrafo Pomponio Mela menciona o río Ivia(Xubia) e tanto el coma Ptolomeo sitúan por esta zona de Ferrolterra a cidade de Libunca, o poboado ártabro máis importante desa época. A posible ubicación desta antiga cidade, da que hai moitas referencias, pero ningunha certeza do seu lugar exacto podería ser, según varios autores, o castro do monte Ancos, no concello de Neda.
Esa "antiga cidade do monte" da que falan textos medievais, actualmente está moi destruida. Os poucos restos que quedan, entre eles as dúas murallas, están ocultos por terra e maleza.
Nos anos 70 do século pasado aínda os restos eran visibles. O miradoiro do monte Ancos foi construido, lamentablemente, no propio castro. No que era o poboamento máis importante á chegada dos romanos á terra dos ártabros, na actualidade so vemos o miradoiro do monte Ancos.
Dende o alto, pódese observar nunha panorámica de 360º todo a val do río Xubia, o océano en Valdoviño, Montefaro, todo o interior da ría de Ferrol, Narón, Neda, Fene,...
Mágoa que estas magníficas vistas non nos fagan esquecer o que podería parecerse a Sta.Tegra!
.
Comentarios
Publicar un comentario