Muiño de Ferreñas

No concello de Vilarmaior, á beira do río Baxoi, atopamos este muiño recuperado xunto cun lavadoiro. Rodeados dunha fermosa área de recreo con merendeiro, barbacoa, pequeno parque infantil, aparcadoiro e sendas para camiñar, resulta ideal para pasar unhas horas no lugar. Construído a finais do XVIII muiñou continuamente ata o 1975. Pertencía a 16 casas e tiñan os turnos ou roldos para moer. Moía fundamentalmente millo e centeo, o trigo en menor medida.
Os muiños son un dos elementos máis abundantes na arquitectura popular de Galicia. Atendendo á súa propiedade poden ser de aparcería, construídos e utilizados por un grupo de persoas con dereitos e deberes de mantemento, e os de maquía cando o servicio facíase a cambio dunha parte da muiñada.
Merece a pena unha visita en calquera época do ano, pero nun día caloroso de verán é un paraíso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar