Ruinas do Sanatorio de Cesuras

Hai cinco anos descubrimos estas ruinas, do que ía ser o Sanatorio de Cesuras para enfermos de tuberculose, na parroquia de Bragade, no actual concello de Oza- Cesuras. Durante o Congreso sobre a Tuberculose ( un dos graves problemas sanitarios dos séculos pasados) celebrado en A Toxa e Mondariz en 1925, decidiuse a construción de dous sanatorios para o tratamento da enfermidade: un preto do mar en A Lanzada e outro en media montaña en Cesuras. Coas aportacións de emigrantes a América, do Estado e as recadacións das Festas das Flores da Coruña, iniciábase no 1927, a construción deste sanatorio nunha finca de 200 ferrados.
O proxecto do arquitecto Rafael González Villar contemplaba dous pavillóns de dormitorios (separados por sexos) unidos por un edificio coas zonas comúns.
No 1930, rematado un dos pavillóns, a obra párase e non chegará a rematarse o proxecto de Cesuras. Somentes chega a concluirse o gran parque que o rodeaba, cos distintos paseos e especies árboreas.
Durante décadas o abandono foi degradando e arruinando todo, e na actualidade ten ese toque romántico das ruinas, para os viaxeiros curiosos, fotógrafos e outros artistas que atopan inspiración neses restos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar