Senda costeira en Cabanas

A senda costeira da península de Bezoucos é un prodixio da natureza, cheo de tesouros. Unha marabilla que hai que disfrutar e protexer. Un tramo desta senda está no concello de Cabanas, dende río Castro ata a praia da Madalena. A senda está marcada, é doada e ofrece recunchos espectaculares.
Podemos ver dende ela todo o interior da ría de Ares, os seus lugares máis pintorescos, disfrutar de solpores perfectos, de pequenas calas dende as que o mar nos convída a mergullarnos nas súas augas,...
Seguindo a serpenteante senda pronto chegaremos á praia de Chamoso e nun dos seus extremos, con marea baixa poderemos percorrer a punta Cabalo.
Baixo a sombra da arboreda seguimos a senda ata as escaleiras que baixan á praia da Madalena.
Si baixamos e recorremos todo o areal, entre ida e volta, faremos unha boa andaina. Paraísos da costa de Bezoucos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar