Sempre algo novo!

A camiñata A Palma-O Segaño, ou viceversa, cos seus máis de 6Km ida e volta é unha das que repetimos con máis frecuencia, pero non por iso deixa de sorprendernos sempre con algo novo. Onte deixamos o coche a carón do castelo da Palma
e o primeiro en chamar a nosa atención foron os moitos narcisos silvestres a ambos lados do camiño.
Pouco máis adiante baixamos ata a enseada de Nande. A marea chea cubría ata o borde da ribeira e impedía pisar a area.
Xa entrando no concello de Ares, o Merendeiro de Xunconovo sempre tan fermoso, a pesar do deterioro sufrido por actos vandálicos e o paso do tempo.
A pequena fervenza do Cabalo completaba co son da auga a beleza deste recuncho.
E así disfrutando da camiñata chegamos ata a Punta do Segaño. Un pequeno descanso nun dos bancos do Camiño de Salgueiras para admirar o Golfo Ártabro e volta. É unha ruta magnífica, por iso non é de extrañar que sexa tan frecuentada por camiñantes, corredores ou ciclistas. Paraísos de Bezoucos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar