Muiño de vento de Boucelo
Galicia foi tamén terra de muiños de vento; chegou a haber arredor de 120, mais na Mariña foron escasos.
No alto do concello de Miño, na parroquia de Bemantes, está o muiño de vento de Boucelo.
Este muiño foi construido no 1840 e so funcionou unhas décadas, quedando abandonado ata a súa recuperación.
Normalmente estes muiños eran dun so dono que tiña o dereito de "maquia" por moer.
Según recolle Begoña Bas, en Ares tivemos dous muiños de vento; un no castro do Alto da Pena e outro no lugar do Muiño de Vento preto da Seaña. Non queda nada de ningún deles. Restos dos muros do que estaba no Castro aprécianse nalgunha foto antiga, e recordos do que contaban os avós, pero máis nada. Unha mágoa!
( Boucelo:bouza ou monte pequeno)
Comentarios
Publicar un comentario