Ruta dos muiños do río Medio
Esta pequena senda de pouco máis de 1Km a carón do río Medio, afluente do Lambre, é unha desas camiñatas que hai que repetir cada pouco. Podemos iniciala dende a antiga minicentral de Güimil e será ascendente ou dende a capela da Nosa Sra. de Guadalupe e daquela será descendente.
Nós sempre a facemos ascendendo primeiro e facer a volta costa abaixo. De calquera xeito é unha desas sendas que impactan pola súa beleza: a bóveda de especies arbóreas que nos envolve, o son da auga río abaixo acompañando o noso andar, o chío dos paxaros, as bolboretas e libeliñas, os fieitos e outras plantas,...un PARAÍSO.
E ademais o conxunto etnográfico dos muiños á beia do río que nos falan de tempos pasados cando estaban en pleno funcionamento.













Comentarios
Publicar un comentario