Miradoiro Cruceiro de Teixidelo.

O miradoiro do cruceiro de Teixidelo é un dos moitos miradoiros que rodean S. André de Teixido, na serra da Capelada. Coma en todos eles, as vistas son magníficas: a un lado a aldea de S. André, ao outro Punta Herbeira cos cantís máis altos da Europa continental, e baixo eles a praia de Teixidelo, a única de non orixe volcánica con areas negras. E o océano inmenso bañando todo este entorno, uns días en calma e outros furioso.
Aquí, a uns metros do cruceiro, atopamos unha placa recordatorio dun episodio da II Guerra Mundial, cando a aviación alemana atacou unha pequena aeronave británica, con 17 persoas que perderon a vida nesta costa. Entre elas o famoso actor británico Leslie Howard.
Este miradoiro é unha parada obrigatoria!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Pola costa de Ares

Recunchos

Sta. Catarina de Montefaro

Paseo pola praia

A Redes por mar