O Río Cuberto

O Río Cuberto é esa paraxe única onde o río Belelle "desaparece" , moi preto da área recreativa de Formariz, entre grandes bloques graníticos e só escoitamos o bruar da súa auga baixo esas enormes moles de pedra, ata que o vemos aparecer de novo, a uns poucos metros da área recreativa onde se remansa para emprender novamente a súa accidentada viaxe en busca do mar. Despois destes días de sucesións de borrascas o caudal do río está tan medrado, que neste punto xa non é "río cuberto".
Estas dúas fotos feitas en verán mostran o nivel da auga baixo a ponte de madeira e nas seguintes, feitas agora, vese o nivel da auga a ras da ponte.
O Río Cuberto sempre un espectáculo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso