A Caaveiro

Para celebrar o Día Internacional dos Bosques que mellor que unha camiñata polas Fragas do Eume? O tramo dende a vella central de Ventureira, na Capela, é un camiño cómodo e curto (sobre 6km. ida e volta) que nos leva ata o mosteiro de S. Xoán de Caaveiro.
Cos sonidos do bosque, dos regos que baixan formando pequenas fervenzas e do río Eume, o camiño lévanos con suaves descensos entre eucaliptos e árbores das fragas ata preto do mosteiro onde se estreita formando un sendeiro.
O mosteiro é de orixe medieval, xa que se fundou no 934, aínda que acadou o seu dominio a máxima extensión entre o 1220 e 1259, con máis de 15 parroquias baixo a súa xurisdición. Tamén tivo un momento de esplendor no s. XVII, coma Colexiata, e a finais do XVIII comeza a súa decadencia.
Na actualidade está declarado BIC e a Deputación da Coruña, despois da súa restauración musealizouno, sendo un dos grandes atractivos das Fragas.
Así, poderemos visitar a Casa dos Coengos, a Casa de D. Pío, as cociñas, e a pequena igrexa de S. Isabel que conserva a cabeceira e a nave do templo románico, sendo o fermoso campanario xa barroco. Aquí, encaramado neste promontorio entre o río Eume e o seu afluente o Sesín, o mosteiro semella un testigo mudo do paso das estacións nesta paraxe tan extraordinaria. Paraísos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar