San Paio de Narla
A fortaleza de S. Paio, situada no concello de Friol, data do s.XIII e está ubicada sobre un antigo castro.
A fachada principal, a pesares das reconstrucións posteriores, conserva parte da estrutura primitiva.
A torre de homenaxe é o eixe arredor do que se asentan as demais construcións.
No s.XX foi adquirida pola Diputación de Lugo, que a salvou da destrución para ser vendidas as súas pedras, e no 1983 convértese en Museo Etnográfico e Histórico.
Neste interesante museo hai diversas coleccións de mobiliario, utensilios domésticos, apeiros, armas, etc. de diversas épocas e procedencias.
Visita moi aconsellable.
Comentarios
Publicar un comentario