A capela do monte de S. Antón

O monte de S Antón e arredores, no concello de Irixoa, son lugares cun toque mítico-sacro e poboados dende o megalitismo. Hai petróglifos, unha pedrafita-menhir, necrópole tumular, a capela,...que nos falan de emprazamentos de rituais ancestrais.
A capela de S. Cosme ou de S. Antón, do s. XIII, está neste monte, a uns 500m. de altura sobre o val do Mandeo, a carón dos restos da que debeu ser unha fermosa carballeira, na que se celebran anualmente as romarías de S. Antón e S. Cosme. É unha mostra do románico serodio do rural galego que chama a atención polo macizo da súa construción na que non hai vanos que aporten luz.
A portada con dobre arquivolta, lixeiramente apuntada, sobre dúas columnas de capiteis ornamentados e tímpano con tres figuras.
Destacar tamén os 46 canzorros que soportan a cornixa con elementos xeométricos, cabezas de animais e rostros.
Nesta ubicación impresionante, chama a atención que unha pequena xoia como é esta capela, teña un entorno nun estado de abandono semellante. Mágoa!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar