S. Miguel de Breamo

Situada no cume do monte Breamo (Pontedeume), está a pequena igrexa románica de S Miguel; é o que queda dun mosteiro medieval. O Real Priorato de S. Miguel aparece nun documento do 1234 por un pleito entre Breamo e o mosteiro de Sobrado, pero a súa existencia é anterior, según a inscrición no contraforte esquerdo da porta principal, do ano 1187.
Ten planta de cruz latina dunha soa nave cuberta por bóveda de canón e tres ábsidas semicirculares cubertas por bóvedas de cascarón.. Chama a atención a sinxeleza e pureza das súas liñas románicas, os fortes contrafortes, o gran rosetón da austera portada principal, os canzorros que coroan todos os muros e as ábsidas,...
Na ruta do románico no Golfo Ártabro é un dos exemplos máis importantes que debemos visitar.
A área recreativa, a carón da igrexa, estaba preparada para recibir aos romeiros de S. Miguel na gran romería do 29 de setembro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

O mar de Loiba

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Miradoiro de Augas Caídas