San Paio de Aranga

As parroquias teñen un papel fundamental na organización do espazo do rural galego. Máis ca un mero territorio de administración relixosa, constituiron un dos focos da vida socioeconómica do mundo rural. A pertenza a unha parroquia conleva unha serie de vínculos inmateriais compartidos. Na actualidade o despoboamento, os cambios nos hábitos relixosos, etc., están cambiando esta situación e están afectando ao noso patrimonio: hai unha gran cantidade de bens ( igrexas, capelas, cruceiros, rectorais,...) en estado de abandono. A parroquia de S. Paio de Aranga ten esta enorme e un tanto atípica, igrexa barroca que fala dunha importante parroquia. De planta de cruz latina, con tres naves, ten unha capela onde se garda unha cruz do s.X. A gran torre campanario de tres corpos aumenta esa sensación de gran dimensión e importancia do edificio. Ao seu carón podemos ver un exemplo da situación de abandono de bens patrimoniais das parroquias: a reitoral, nun tempo pasado un fermoso edificio e na actualidade ruinas cubertas por vexetación.
Mágoa!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle