Muiño do parque de Sta. Isabel

A carón da área recreativa As Veigas e a capela da Sta. Isabel atópase este fermoso muiño do Parque de Sta. Isabel ou As Veigas, magnífica representación da arquitectura popular vinculada aos ríos. Parece ser que foi un dos últimos en funcionamento no concello de Outeiro de Rei. As características xeográficas deste concello lugués, posibilitaron a proliferación de muiños arredor da ampla rede fluvial existente. Foi construido no 1898. Un caneiro retén as augas do Miño e desvía parte do caudal á canle do muiño. Dispoñía de dúas moas. A ruta de sendeirismo Camiño do Miño pasa á beira do muiño, na actualidade vivenda privada, e permítenos observar con detalle esta construción.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar