S. Martiño de Mondoñedo- Foz

A basílica de S. Martiño, na parroquia de S. Martiño de Mondoñedo no concello de Foz, está considerada a catedral máis antiga de España. Esta xoia, de orixe prerrománica, foi se do bispado de Mondoñedo durante anos. O actual edificio ten elementos arquitectónicos dos séculos X, XI, XII e os enormes contrafortes do XVIII. Ten planta basilical con 3 naves e tres ábsides.
A súa historia comeza no século VI cando un grupo de cristiáns chegan fuxindo dende a provincia romana de Britania establecéndose en Galicia nun lugar que chamaron Bretoña, posiblemente na actual Sta. María de Bretoña (A Pastoriza- Lugo). Fundan un bispado que participou regularmente nos Concilios de Toledo. No s.IX os vikingos destruen Bretoña e o bispado trasládase ao que será S. Martiño, lugar ofrecido por Afonso III para fundar un mosteiro. Será sede de dous bispados do reino de Galicia: un trasladado de Dumio ( en Braga) e o de Bretoña ( en Lugo).
Para os que gustan das lendas, mencionar que a fonte de Zapata, preto da basílica, chamada así porque según conta a lenda, o bispo S. Gonzalo, nun tempo de forte seca que asolaba a bisbarra, tirou nese lugar a súa zapatilla e alí brotou auga, considerada milagreira.
A carón da basílica está o Centro de Interpretación da Basílica, na antiga casa reitoral.Nas súas salas faise un repaso pola historia do templo, a figura de S. Rosendo, o descubrimento das pinturas románicas máis antigas de Galicia, etc. O entorno desta marabilla tamén é impresionante. Moito que disfrutar!
Abraiante beleza!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro