Por terras de Ourol
Ourol, ese concello cheo de montañas, é un dos que recorremos con frecuencia buscando estradas que nos leven a pequenos rueiros e aldeas que descubrir ou voltar a ver. Nesta ocasión o recorrido non é novo, xa o fixemos máis veces, pero é unha delicia de todos xeitos. Pasamos por Ambosores, Toxoso, Bravos e subindo hacia O Sixto, paramos no lugar de Coxuxo onde, nuns centos de metros, hai un pequeno muiño, a ermida de S Xoán e uns rueiros, de vivendas tradicionais de pedra, moi fermosos. O val entre montañas que leva ata Bravos, é impresionante.











Comentarios
Publicar un comentario