S. Xiao de Trebo

S. Xiao de Trebo é un dos lugares máxicos de Cariño tanto pola súa singularidade como polas lendas que o rodean.
Dende o s. XIII celébrase unha peregrinaxe anual a esta capela. Esta ruta forma parte do Camiño de Santiago- Camiño do Mar, na etapa Cariño-S. André de Teixido.
O Camiño Vello de S. Xiao é unha ruta doada que discorre en paralelo á costa atravesando bosques de loureiros, carballos, salgueiros e eucaliptos. O camiño mide aproximadamente 3,2km.(ida e volta) e resulta cómodo.
Baixo a capela hai restos dun antigo xacemento romano.
Pódese completar a ruta ata os escarpados cantís do cabo Ortegal, para contemplar os illotes dos tres Aguillóns e o faro. Tamén podemos elexir algún dos moitos miradoiros de Cariño para disfrutar das espectaculares vistas que nos rodean.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle