De S. Felipe a S. Cristóbal
A senda que une S. Felipe con S. Cristóbal é curta e moi doada, con vistas impresionantes da entrada da ría de Ferrol, con xoias patrimoniais coma o Castelo de S. Felipe, os restos do fortin de S. Carlos ou a batería de S. Cristóbal (os dous últimos mostran abandono) ou xoias paisaxísticas coma as calas preto do castelo de S. Felipe ou a ribeira de S. Cristóbal.
Chegando a S. Felipe dende Brión a panorámica da entrada da ría é espectacular.
A senda comeza a carón dun pequeno parque infantil preto do castelo.
Como é curta e doada resulta axeitada para calquera idade e condición física.
;  Ao chegar aos restos do fortín de S. Carlos unha pequena parada para velo de preto e comprobar que está en peor estado cá ultima vez que o visitamos. Seguimos a senda e pouco despois a fermosa ribeira de S. Cristóbal centra a nosa atención.
Xa no camiño de volta a letra daquela canción dos Limones vén á miña mente:
" La costa oeste mirará
toda la vida cara el mar,
aquí me encontrarás,
aquí tengo mi hogar.
Sé que aquí nací,
y aquí quiero quedar
aquí está mi hogar,
donde se acaba el mar."
Comentarios
Publicar un comentario