Praias de río Sandeu e o Portiño

Despois da praia de Areamorta en Redes, ría adentro, están a pequeniña cala de O Portiño e a última das praias do concello de Ares dentro da ría, a praia de Río Sandeu, compartida co concello de Fene, xa que o rego Río Sandeu é a fronteira dos dous concellos.
Moi protexidas, de area fina e dourada, son praias de augas tranquilas e moi utilizadas coma fondeadeiros nas xornadas estivais. Rodeadas da vexetación propia do interior da ría, que crea un telón de verdor arredor delas, son praias moi fermosas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

O mar de Loiba

Paseo pola praia

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Recunchos

O bosque fósil de Seselle

A escola de Seselle

Miradoiro de Augas Caídas