Fervenza do rego da Palanca
O rego da Palanca nace no cordal de Montouto e xúntase con outros regos formando o río Cambás, afluente do Mandeo.
Nestas unións, os regos atravesan espectaculares vales nesta zona que conserva a natureza primitiva dunha fraga autóctona e forman rápidos e fervenzas coma esta , coñecida como fervenza da Palanca.
Pódese chegar a ela dende a área recreativa de Ponte Aranga na confluencia do Cambás co Mandeo por unha ruta de 6km. de certa dificultade ou, como fixemos nós, dende o lugar de O Couce cun percorrido de 2km, aproximadamente, e tamén con certas dificultades polas pendientes do terreo nalgunhas zonas.
Comentarios
Publicar un comentario