Con amor
Agora no antroido, nas cociñas de Galicia é tempo de freixós, orellas, chulas, rosquillas, flores,... Mentras preparo algunha destas lambonadas lembro que, hai tempo, un dos meus fillos facía esta reflexión:
-Preparar unha comida pode ser un acto de amor.
Estou de acordo. En Galicia, as comidas familiares son mostras de amor aos que nos acompañan. Arredor da mesa familiar están todos eses recordos que compartimos cos que nos acompañan no presente e dos que xa non están, pero que seguen con nós. A gastronomía galega é unha das riquezas inmateriais que debemos coidar e conservar.
Cando fago unha empanada, por exemplo, lembro á miña sogra cando me ensinou a facela, á miña nai preparando o recheo, ás festas da miña infancia sempre con empanada,...e agora sigo eu para que as miñas netas tamén teñan eses recordos.
A empanada galega xa aparece nas esculturas do Pórtico da Groria no s.XII. Temos unha riqueza de variedades xa recollidas por Pardo Bazán, Picadillo, Cunqueiro,...
So necesitamos uns poucos e bos ingredientes e moito amor. Saben a groria!
Comentarios
Publicar un comentario