Contorna de Seselle
As nosas camiñatas máis frecuentes son pola contorna de Seselle, pero aínda que se repita o itinerario, sempre hai algo que o faga diferente.
Pode ser o ceo cambiante que fai que unha mesma paisaxe resulte diferente.
Pode ser o cambio das estacións na vexetación: por exemplo agora os loureiros e os espiños están floridos, asoman as prímulas e os narcisos silvestres,...
Pode ser o gran carballo que agora en marzo, na súa desnudez, mostra toda a súa forza.
Ou os salgueiros que xa están botando follas e flores e locen fermosos.
Pode ser a arquitectura popular que merece a nosa atención. Por exemplo as construcións indianas.
Ou simplemente ir lembrando a riqueza toponímica que temos e debemos conservar: O Alto da Pena, O Pereiro, o Cagacho, Mariñós , A Taipa, O Baixolo, Rodelas, Barracido,...
Contemplar e disfrutar. Paraísos ao lado da casa.
Comentarios
Publicar un comentario