Terras altas do Eume

O río Eume nace na xuntanza dos regos do Lamoso o o das Toxeiras (que neste punto xa leva recorridos máis de 2.250KM), na Serra do Xistral, na parroquia de Montouto do concello de Abadín. Nos seus 80Km de lonxitude pasará polos concellos de Muras, Xermade, As Pontes, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume, ata chegar ao mar na ría de Ares.
Neste paseo polas terras altas do Eume, partimos de Invernés(Muras) despois de cruzar a ponte sobre o río, e seguiremos pola estrada, que case sempre moi preto del, nos levará ata A Laxe en Montouto(Abadín), para ver o seu nacemento. Unha estrada de montaña moi tranquila, con paisaxes variadas e ben fermosas.
Seguimos pola estrada que leva ao parque eólico de Montouto e Fiouco e xa vemos o pequeno río aparecer entre dous montes. Unha longa viaxe espéralle ata chegar ao mar.
Dende o alto do parque as serras do Xistral e a da Toxiza destacan na inmensidade de paisaxe que podemos contemplar neste serán de finais de setembro. Marabillas do norte de Galicia!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso