O Golfo Ártabro dende O Pieiro
Dende O Pieiro, sobre cabo Prioriño, a perspectiva do Golfo Ártabro é magnífica, xa que podemos observar perfectamente o arco do golfo dende Malpica ata Cabo Prior. Cun tempo algo borrascoso, as vistas seguen sendo espectaculares. Podemos apreciar o cabo Prior, as entrada da ría de Ferrol, Montefaro coa praia de Chanteiro aos seus pés, a entrada das rías de Ares, Betanzos e A Coruña, coa súa torre de Hércules algo confundida entre os edificios, o porto de Langosteira, Caión e Malpica coas Sisargas rematando o golfo polo sur.
Ramón Otero Pedrayo deu esta denominación de Golfo Ártabro a esta costa que se correspondería co Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos grecorromanos.
Nel están as rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña.
Se nos achegamos a Prioriño Chico, perdemos algo de perpectiva, pero estamos a carón do mar.
Por outra banda, denomínase Costa Ártabra a un espazo natural declarado zona de especial conservación que abrangue os concellos de Ares, Mugardos, Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Cariño e Ortigueira e Mañón.
Comentarios
Publicar un comentario