Punta Herbosa
A Serra da Faladoira vén dende As Pontes ata Estaca de Bares, rematando aquí nesta costa de gran interés paisaxístico, xeolóxico, natural,...É unha costa rochosa, de cantís que caen en vertical hacia o océano e que nos ofrecen espectaculares paisaxes en Bares, Picón, etc. O río Esteiro, que baixa dende o Coto de Vilariño e forma un amplo esteiro na praia á que dá nome, separa Ortigueira de Mañón. Esta praia de Esteiro, no lado de Bares, remata en Punta Herbosa.
Dende as dunas hai un pequeno carreiro entre piñeiros que nos leva ata a punta. Fermosura de lugar! Outro paraíso que disfrutar.
Alá ao fondo Ortegal e os Aguillóns, á esquerda toda a magnífica praia de Esteiro, á dereita os impresionantes cantís de Bares,... Sentarse sobre a herba que medra na punta e disfrutar do espectáculo é unha magnífica idea para un serán de febreiro.
!
Comentarios
Publicar un comentario