Sta. María de Mezonzo

A primeira mención documental deste mosteiro é do ano 870 cando o rei Afonso III fai entrega do vilar de Mezonzo ao abade Reterico para que constrúa o mosteiro. Deste antigo cenobio medieval, onde se formou S. Pedro de Mezonzo, so se conserva a igrexa.
Esta igrexa do concello de Vilasantar é unha xoia do románico rural galego. De planta basilical ten tres naves, de tres tramos cada unha, rematadas en tres ábsidas semicirculares moi fermosos que chaman a atención no exterior. A pouca distancia está o fermoso batán de de Mezonzo. Moi recomendables ambos para unha escapadiña!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

O mar de Loiba

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Miradoiro de Augas Caídas

A escola de Seselle