Fervenzas de Somede

En S. Mamede de Somede (AS Pontes), a carón do rego dos Campos, que verte as súas augas no Eume, atópase esta senda fluvial; descoidada polo concello de As Pontes, pero merecedora de atención pola súa riqueza paisaxística e etnográfica. Agora, nesta primavera chuviosa está complicada, pero é fermosisima.
Aínda non conseguimos facer o percorrido completo. Nun primeiro intento, hai bastantes anos, fomos ata Aldea de Arriba, onde un sinxelo letreiro marcaba o inicio e o sendeiro levounos ata o primeiro muiño. O rego dos Campos baixaba entre saltos e fervenzas, polo medio da fraga de árbores espidas.
No segundo intento, hai uns días, collimos o camiño que dende o rueiro que hai un pouquiño máis abaixo da igrexa, nos leva monte abaixo ata o rego dos Campos, xusto onde hai unha pontiga de lousa. Subimos a senda que hai na marxe esquerda e que non estaba en moi bo estado, obrigando a buscar alternativas polo monte. Chegamos a un punto onde resultaba moi complicado e aquí o deixamos para un futuro intento. A ver si á terceira vai a vencida!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro